Ácido heptacosanoico
Ácido heptacosanoico | |
---|---|
Ácido heptacosanoico | |
Outros nomes Ácido heptacosílico, ácido carbocérico | |
Identificadores | |
PubChem | 23524 |
ChemSpider | 21994 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C27H54O2 |
Masa molar | 410,72 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido heptacosanoico, tamén chamado ácido heptacosílico ou ácido carbocérico, é un ácido graxo saturado de cadea liñal con 27 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
27H
54O
2, que se simboliza como C27:0.
O ácido heptacosanoico a temperatura ambiente é un sólido que funde a 87,6 °C e ten un índice de refracción de 1,4324 a 70 °C.[1] Foi illado da turba en 1932,[2] e tamén en 1933 da cera montana de Bohemia obtida do lignito e a turba.[3]
Atopouse no sangue e tecidos de pacientes de diferentes trastornos peroxisómicos de orixe xenética, como a enfermidade de Refsum, a adrenoleucodistrofia X, a adrenoleucodistrofia neonatal ou a síndrome de Zellweger.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LipidBank - Fatty acid(DFA0027) Arquivado 14 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. [Consultado: 19 de outubro de 2018].
- ↑ Gieseking, J. E.. Soil Components: Volume 1: Organic Components. Springer Science & Business Media, 2012-12-06. ISBN 9783642659157.
- ↑ Stadler, A. Mitt. KohlenforschInst. Prag, 5, 1933, páx. 445.
- ↑ Human Metabolome Database: Showing metabocard for Heptacosanoic acid (HMDB0002063). [Consultado: 19 de outubro de 2018].